A Festa do Becerro Ecolóxico de Viascón espera servir 1.500 racións
Por Redacción
A Casa do Pobo de Viascón, situada ao carón da igrexa parroquial, acollerá este domingo 37 de maio a quinta edición da Festa do Becerro Ecolóxico ao Espeto.
Os organizadores agardan servir ao redor de 1.500 racións deste produto, segundo avanzaron na presentación da festa, que tivo lugar na sede de Turismo Rías Baixas.
O menú da festa inclúe carne con patacas, viño ou auga, pan, café e rosca a un prezo de 15 euros. A degustación popular comezará ás 13.00 horas e haberá xogos para nenos e música ao longo da xornada.
Jorge Cubela resaltou que a festa converteuse tras cinco edicións nun evento gastronómico consolidado no calendario, o que permite atraer turistas ao municipio.
"É un espectáculo ver como se prepara o produto desde primeiras horas da madrugada", engadiu, recordando que este produto é unha referencia e unha marca indispensable deste concello pontevedrés.
Pola súa banda, o deputado de Turismo, Santos Héctor, animou a todos os pontevedreses a "gozar deste produto de calidade, da paisaxe e da hospitalidade da veciñanza do municipio".
Ademais, recordou que esta festa contribúe a desestacionalizar a oferta turística das Rías Baixas, un dos obxectivos do plan estratéxico da Deputación de Pontevedra.