O Concello modernizará os seus servidores para adaptarse á administración electrónica
Por Alejandro Espiño
Todo o servizo informático do Concello de Pontevedra estará adaptado, nun prazo de dous meses, para soportar as esixencias que, con respecto aos servidores do concello, implica a aposta pola administración electrónica.
A empresa Econocom Servizos será a encargada de modernizar os servidores, un traballo que realizará a cambio de 47.483 euros. A súa foi a oferta económica máis vantaxosa das presentadas ante o Concello.
Ademais de ampliar os servidores, a compañía realizará os traballos necesarios para ampliar a velocidade do sistema e instalar máis servidores virtuais.
Ao mesmo tempo, a Xunta de Goberno prorrogou o contrato con R para o servizo de telefonía fixa. Farao por seis meses e por 68.970 euros.
A telefonía móbil, pola súa banda, seguirá sendo prestada por Movistar durante o próximos seis meses, polo que cobrará 32.016 euros.
Ambos os contratos chegan á súa última prórroga e serán licitados de novo en novembro.