Pintan o código de barras da rúa Cruz Gallástegui
Por Redacción
A rúa Cruz Gallástegui xa loce as liñas do código de barras despois de que durante a noite deste venres os operarios levasen a cabo o pintado do pavimento.
A proposta do goberno local para a reforma desta rúa busca que con este deseño sexa recoñecible desde o aire, xa que estas barras recollen o nome da rúa neste código a través do lector correspondente, do mesmo xeito que xa sucede na pasarela de Loureiro Crespo, obra do anterior goberno municipal.
A reforma da rúa ten como obxectivo reforzar o carácter peonil e crear zonas de estancia, coa incorporación de novos bancos. Esta zona non incluirá o pintado de espazos para carga e descarga ou servizos, aínda que se manteñan estas zonas.
A velocidade estará limitada a 20 quilómetros por hora nun espazo de plataforma única.
Relacionadas:
-
A instalación de veladores e bancos completará a nova imaxe de Cruz Gallástegui
Por Redacción |
-
As antigas zonas de aparcadoiro de Cruz Gallástegui, reconvertidas en veladores
Por Natalia Puga |
-
Cruz Gallástegui, de novo en obras para reforzar o seu carácter peonil
Por Redacción |
-
A rúa Cruz Gallástegui será repavimentada para potenciar o seu carácter peonil
Por Redacción |