Cruz Gallástegui, de novo en obras para reforzar o seu carácter peonil
Por Redacción
Reforzar o carácter peonil da rúa Cruz Gallástegui. É o obxectivo dos traballos que impulsa o Concello de Pontevedra neste céntrico vial. As obras, que comezaron este luns cunha serie de actuacións previas, terán unha semana de duración.
A reposición do firme, a principal medida destes traballos, completarase con dúas actuacións: igualarase no posible a cor das beirarrúas e a calzada e poranse ao mesmo nivel, desdibuxando o espazo reservado ao paso dos vehículos, e crearanse zonas de estancia entre as árbores para que os veciños poidan ocupar o espazo público con comodidade.
A empresa COVSA -que cometeu a renovación da rúa- asume o reasfaltado da rúa Cruz Gallástegui co fin de corrixir os problemas de mantemento xurdidos no mantemento do firme da calzada. Non terá custo para o Concello.
No seu día a construtora empregara un pavimento novo que non deu o resultado agardado.
Tras investigar as causas de por que o resultado acadado non fora satisfactorio, concluíu que precisaba unha determinada temperatura ambiental para realizar os traballos e que a utilización de resina en pastilla non é o material idóneo, polo que desta volta utilizará resina líquida.
Ante estes traballos, haberá restricións á circulación con vehículo. Só se facilitará o acceso a garaxes e á carga e descarga, na medida das posibilidades da obra, seguindo as indicacións dos operarios encargados da regulación do tráfico.
Relacionadas:
-
Pintan o código de barras da rúa Cruz Gallástegui
Por Redacción |
-
As antigas zonas de aparcadoiro de Cruz Gallástegui, reconvertidas en veladores
Por Natalia Puga |
-
A rúa Cruz Gallástegui será repavimentada para potenciar o seu carácter peonil
Por Redacción |
-
Un sábado 'a pé de rúa' cos comerciantes de Cruz Gallástegui
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas esixen explicacións pola "chapuza" da rúa Cruz Gallástegui
Por Oskar Viéitez |
-
Nova imaxe para a rúa Cruz Gallástegui
Por Redacción |