Denuncian novas agresións ao persoal do centro de menores Avelino Montero
Cunha concentración na entrada do centro de menores Avelino Montero e pequenos cortes de tráfico na avenida de Vigo, a Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira e UXT reclamaban unha mellora da seguridade neste espazo de atención a menores de Pontevedra.
Segundo explicaba o secretario comarcal de UXT en Pontevedra, Ramón Vidal, a Xunta de Galicia quere reducir o persoal actual de gardas de seguridade no centro en dúas persoas, unha da quenda de mañá e outra do de tarde. Esta redución de persoal leva, segundo os traballadores, un incremento do risco dun aumento de tensións entre os menores e os educadores.
Persoal do centro recoñece novas agresións durante as últimas semanas e por este motivo levan a cabo protestas para alertar da necesidade de incrementar o número de axentes de seguridade polo menos en dous profesionais máis. Actualmente, o Avelino Montero conta con 20 menores con diferentes situacións de falta de acondicionamento social.
Os representantes sindicais indican que se manteñen en contacto coa dirección e coa administración autonómica para que se poidan atender as súas reivindicacións. Pola contra, manterán un calendario de protestas.