Santa Kata, a última gran festa antes de rematar o curso
Por Mónica Patxot
Antes de afrontar a recta final do curso universitario o campus de Pontevedra acolle a celebración de Santa Catalina de Siena, patroa de Ciencias Sociais.
A súa versión máis pagá, Santa Katabirra, é toda unha gran festa antes de arrincar coa tempada de exames finais.
A cita ten multitude de actividades, pero ningunha tan multitudinaria como o macrobotellón fronte á facultade.
A Santa Kata acoden mozos universitarios de toda Galicia, estudantes e docentes de todo o campus que participan nesta actividade na que non faltou a comida, bebida nin a música para animar o ambiente.