Mozos de Marrocos e Armenia fan voluntariado ambiental no río Gafos
Por Redacción
O colectivo ecoloxista Vaipolorío retoma a súa colaboración como entidade acreditada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia para participar en proxectos de voluntariado europeo.
A participación do colectivo pontevedrés será a través de Ticket2europe, acreditada como entidade coordinadora.
A primeira das colaboracións será este sábado 28 de abril. Dous mozos de Marrocos e Armenia realizarán no río Gafos traballos de control e erradicación da especie exótica e invasora Cortaderia selloana, coñecida como 'herba da pampa'.
Relacionadas:
-
Empeza unha nova campaña de limpeza de Vaipolorío
Por Oskar Viéitez |
-
640 persoas retiran máis de 12 toneladas de residuos nunha limpeza simultánea de ríos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío retira 1.330 quilos de lixo do río dos Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Erradicando a herba ruín que chegou pola autoestrada
Por Oskar Viéitez |