O apetito, por definición é a sensación de fame ou de ganas para comer. A fame emocional, tamén reporta ganas para comer, pero non por fame, senón para satisfacer emocións insatisfeitas.
Diferenciando un e outro, María González, formadora en benestar de "Dale la vuelta" é posible buscar as causas e achegar solucións a esa frecuente sensación.
No programa de PontevedraViva Radio, ademais de identificar o apetito e a fame emocional; podes tomar varios consellos para adoptar hábitos saudables de alimentación; e anotar as referencias bibliográficas que igualmente poden servir de axuda nestes casos.
Dispós ademais dun correo electrónico mariadalelavuelta@gmail.com para enviar consultas sobre os temas que se abordan, ou que che poidan interesar para seguintes programas.