Marín experimenta un repunte en roubos con forza en domicilios no primeiro trimestre do ano
Por Diego Espiño
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, presidiu este martes a Xunta Local de Seguridade de Marín, na que asegurou que o número de delitos en 2012 experimentou un descenso do 1,96% con relación ao ano anterior.
A pesar destes números o concello sufriu un repunte nos roubos con forza en domicilios no primeiro trimestre do presente ano, polo que Coello asegura que preparan varios dispositivos policiais para facerlles fronte, "son un tipo de robos que generan cierta alarma social pero estamos en el camino de solucionarlo con operativos que ahora mismo no puedo desvelar".
Na reunión, celebrada no Concello de Marín, tamén se abordaron os resultados do Plan Operativo de Resposta Policial ao Tráfico Minorista e Consumo de Drogas en lugares de ocio, cuxa primeira fase acaba de concluír. O plan, centrado na redución da oferta de drogas ao consumidor, derivou na instrución de 21 actas por tenecia de substancias estufefacientes dende o 1 de xaneiro de 1013 ata o 7 de abril.
O subdelegado do Goberno destacou tamén a coordinación esxistente entre a Policía Nacional e Local, ademais da importante redución nos roubos con violencia, que en 2012 rexistraron un descenso do 42,86%.