Jorge Canda suma o apoio de Carmela Silva para salvar as Escolas de Covelo
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou este martes o seu "total apoio" ao alcalde da Lama, Jorge Canda, e á veciñanza da parroquia Covelo na súa esixencia á Xunta de Galicia para que proceda de forma inmediata á completa rehabilitación das chamadas "Escolas de Covelo".
A presidenta provincial recordou que "estamos a falar dunha zona que figura no Catálogo do Inventario Cultural de Galicia, polo que a necesaria rehabilitación de toda a área é unha obriga legal da Xunta".
A presidenta e o alcalde tamén repasaron o estado dos investimentos da Deputación de Pontevedra no concello da Lama, no que o goberno de Carmela Silva investiu nos últimos dous anos 2.034.076 euros, o que supón unha media de 786 euros por habitante. Esta cantidade é a suma dos cartos do Plan Concellos dos anos 2016 e 2017, amais das inversións das distintas áreas da Deputación de Pontevedra neste municipio.
De cara a este ano, e so no referido ao Plan Concellos, A Lama xa ten ao seu dispor 814. 328,9 euros.
Tamén o concello foi un dos beneficiarios dun préstamo sen xuros da Deputación por importe de máis de 124.000 euros.