Mellora da pista interna de Meilide
Por Redacción
O Plan de Vías e Infraestruturas do Concello de Cerdedo-Cotobade segue levándose a cabo e o último traballo céntrase na pista interna no lugar de Meilide, na parroquia de Cerdedo, que inclúe o seu ensanche, renovación do firme e actuacións de seguridade.
Os veciños queixábanse das dificultades nalgúns tramos desta vía para transitar dous vehículos ao mesmo tempo, polo que se duplicou a superficie. Tamén se dotou á capa de rodaxe dun novo hormigonado, sobre todo nas zonas encsanchadas e acometeuse o acondicionamento e o perfilado das beiravías. Ademais instaláronse canalizacion e as arquetas para a recollida de augas pluviais coa idea de que a escorrentía deixe de afectar á estrada.
Nesta obra foi necesario reparar o muro de pedra que exerce de sostén da pista. A idea é reforzar a seguridade e evitar accidentes. Só queda instala un valado de protección do muro de contención, que se acometerá nos próximos días.
José Balseiros, vicepresidente municipal de Cerdedo-Cotobade, destacaba que esta obra favorece a mobilidade dos veciños cunha pista en mellor estado e mellora as condicións de seguridade.