Podemos Sanxenxo valida cun 85% dos votos a súa aposta municipalista
Por Oskar Viéitez
Cun 85% dos votos, o censo de Podemos en Sanxenxo aprobou concurrir ás vindeiras eleccións municipais en confluencia con outras "forzas de cambio".
Unha nova que foi celebrada polo Círculo que sempre mantivo esa liña de actuación e que agora, ao ser refrendada dunha forma tan maioritaria, reforza a súa aposta pola creación dunha Marea en Sanxenxo que se iniciaba as pasadas semanas.
Dende esta formación aseguran que a "busca da unidade, da transversalidade, o respecto ás diferencias e a ampliación do espazo da esquerda" convértese agora nun "obxectivo preferente" para Podemos Sanxenxo.
"O mandato cidadá expresado nesa votación nos obliga a profundizar na Marea de cambio, rupturista e gañadora que acabe coas nefastas políticas do Partido Popular, e así o faremos", sinalaron nun comunicado.