Marín pon a punto as súas praias
Por Redacción
O Concello de Marín acomete estes días labores de posta a punto dos principais areais e as súas contornas.
O obxectivo é que as praias presenten na Semana Santa un bo estado para os que teñan un oco e poidan gozala ou para os que se acheguen a este tramo de costa.
Estes labores de amaño do municipio esténdense a outros puntos. O mal tempo e os distintos temporais atrasaron a reposición de plantas nas distintas xardineiras.
En concreto o tramo de Jaime Janer, do mesmo xeito que a rotonda de xardín da propia Farola están a ser estes días repostos con flor de tempada.