Estrea da varanda de madeira entre Portocelo e Mogor
Por Redacción
Marín xa conta cunha nova varanda de madeira que foi instalada entre Mogor e Portocelo. Este xoves, a concelleira de Turismo Cristina Acuña acompañada pola alcaldesa María Ramallo percorreron este tramo do paso para revisar esta instalación.
A varanda sufrira danos derivados de actos vandálicos. Aparecera rota en diversos tramos e, por este motivo, foi necesario colocala e revisala. Agora empregouse madeira tratada, que reforza ou substitúe nalgunhas zonas á que se atopaba en mal estado.
Agora, segundo expón o goberno de Marín, este espazo de paseo atópase moito máis protexido e mellora a contorna utilizada por numerosos veciños de Marín e por turistas que se achegarán ata os areais durante a Semana Santa. A varanda esténdese ata o miradoiro de Portocelo.