Os socialistas piden o arranxo do centro médico de Tenorio
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do PSdeG no concello de Cerdedo-Cotobade presentou para a súa tramitación e aprobación polo pleno unha moción na que solicita o arranxo do entorno do centro médico de Tenorio.
Este centro foi inagurado no ano 2005 e a súa construción obtivo varios premios, converténdose nun edificio accesible e cómodo para os seus usuarios.
A día de hoxe os socialistas consideran que é preciso o arranxo do seu entorno, e sinalan nomeadamente que está enriba de un barrizal, carece de praza para ambulancia, dun letreiro que marque as horas de aparcamento reservadas ó persoal do centro, ten unha saída de fecais que non cumpre a normativa e que "a pesares e plantarlle uns setos é unha aberración en toda regra".
Na moción pídese ao grupo de goberno que inste ao organismo competente á elaboración dun estudio para poder adecuar o entorno deste equipamento para mellorar así os seus servizos.