El Combo Dominicano, Paris de Noia e Panorama, nas festas de Cantodarea
Por Oskar Viéitez
O barrio de Cantodarea celebrará as festas en honra ao seu patrón San Xosé Obreiro entre o 28 de abril e o 1 de maio. A comisión de festas mantivo este luns unha reunión no Concello de Marín, que colaborará coa organización.
Á marxe dos actos relixiosos, na programación destacan as verbenas coas orquestras Panorama, Combo Dominicano, París de Noia, Los Satélites, Charlestón, Panamá, La Fórmula e Magos.
Poucos lugares lograrán reunir un cartel tan atractivo como este.
A comisión de festas deste barrio marinenese, con Chicho e Morgan á cabeza, se enorgullece de organizar "unhas das mellores festas parroquiais de toda Galicia", pola cantidade e sobre todo a calidade das orquestras nas súas verbenas.
Ademais destes espectáculos musicais, Cantodarea acollerá actividades e actos para todos os gustos, dende actividades infantís, pasando por Cantos de Taberna, concentración e desfile de todos os grupos folclóricos de Marín, charangas que animan por todo o barrio e atraccións.