27 vehículos abandonados en Sanxenxo durante os últimos 16 meses
Por Redacción
Durante o ano 2012, a concellaría de Medio de Sanxenxo tramitou 22 expedientes por abandono de vehículos na rúa. E nos catro meses que se levan de 2013, os vehículos retirados son cinco, ademais da apertura de ficha de vixilancia dun coche, unha camioneta e un ciclomotor.
Segundo afirmaba, o concelleiro de Medio José Luis Rodríguez, a tramitación destes casos é complexa. Cando a policía detecta un vehículo abandonado se elabora un parte no que figuran os datos do automóbil, ademais dunha ficha de inspección. Unha vez que pase un mes da detección, se o turismo continúa no mesmo lugar, a Administración incoa un expediente de abandono e notifícao ao seu propietario. "Se o interesado se fai cargo do seu vehículo entregándoo a un desguace ou nos informa de que estaba parado por algunha avaría, defecto para pasar ITV, carece de fondos para asumir o seguro, existe un precinto xudicial, entre outras situacións, pero se desexa reparalo e atende ao requirimento, arquivámolo expediente" comentou José Luis Rodríguez.
Segundo apunta o concelleiro "na maioría dos casos, en canto se notifica a sanción, os donos levan o vehículo". Ademais existe a posibilidade de cesión ao Concello para tramitar a baixa definitiva e a entrega a un xestor.
Dos 22 expedientes abertos durante 2012, 14 arquiváronse tras a recollida dos vehículos por parte dos donos. Outro propietario foi sancionado por incumprimento do mandato e outro foi cedido ao Concello para proceder á súa baixa definitva.
En seis casos foi imposible a súa notificación ao propietario e, tras publicar a orde no Boletín Oficial da Provincia. Desta forma, dous deles foron reitrados.
No resto de casos, a Concellaría de Medio continuou coa tramitación e os turismos foron considerados residuos sólidos urbanos.