O cambio de nome da rúa Fernández Ladreda polo de María Victoria Moreno, a un só paso
Por Diego Espiño
O goberno local de Pontevedra deu un último impulso, esperando que definitivo, para renomear a rúa Fernández Ladreda da cidade e que pase a ser a rúa María Victoria Moreno.
Por ese motivo a intención é someter a votación no próximo pleno municipal o cambio de denominación coa intención de "eliminar do rueiro de Pontevedra o ministro de obras públicas franquista", explicou a concelleira Carmen Fouces, e de paso homenaxear a "nosa queridísima e admirada escritora".
A de Fernández Ladreda é a última gran vía da cidade cuxo nome reflicte un pasado ligado coa ditadura, polo que esperan poder culminar o proceso cumprindo así a Lei de Memoria Histórica.
Esta proposta presentada por rexistro municipal, sinalaron en rolda de prensa, conta co apoio de colectivos como a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, Polo Correo do Vento, Maio Longo, A Sega e do último centro educativo no que exerceu María Victoria Moreno, o instituto Torrente Ballester de Pontevedra.
"Agardamos que sexa ben acollida por todos os membros da corporación porque cremos que é de xustiza", argumentou Fouces acompañada da filla da escritora, o seu viúvo, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ademais do tamén concelleiro Alberto Oubiña.
Esta medida esperan que se converta en realidade aproveitando que neste ano 2018 María Victoria Moreno será a homenaxeada pola Real Academia no Día das Letras Galegas.
Relacionadas:
-
María Victoria Moreno terá rúa en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Buscarán o "máximo consenso" para cambiar Fernández Ladreda por María Victoria Moreno
Por Alejandro Espiño |
-
O PP propón deixar nas mans de expertos os cambios no rueiro
Por Redacción |
-
O Ano María Victoria Moreno converterá Pontevedra en capital das letras en 2018
Por Natalia Puga |
-
Os concelleiros estudarán cambiar o nome da rúa Fernández Ladreda por María Victoria Moreno
Por Redacción |