Cerdedo-Cotobade, A Lama e Vilanova contratarán 41 persoas con cargo ao Plan Concellos
Por Redacción
O goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova relación de concellos que se van a beneficiar da liña de axudas do Plan Concellos que permite a contratación de persoal para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Son, entre outros, A Lama, Cerdedo-Cotobade e Vilanova de Arousa.
Cerdedo-Cotobade recibirá 208.225 euros para 22 postos de traballo relacionados coa cantería, soldadura, elaboración de prefabricados, carpintería, pintura, fontanería, mecánica, condución e recollida de lixo.
Pola súa banda, para A Lama destinaranse 72.193,80 euros para contratar a 13 persoas que se encargarán de tarefas relacionadas co movemento de terras, traballos forestais, conserxería, administración e limpeza.
Vilanova de Arousa recibirá 168.379,94 euros para contratar a 16 persoas que desenvolverán actividades relacionadas coa avogacía, programación web, obras públicas, animación sociocultural, turismo, xardinería, albanelería, condución.
Coas achegas a estes tres concellos, xunto cos de Crecente, Gondomar e Lalín, xa está concedido o 55,8% da liña 3, é dicir, máis de 5,3 millóns de euros que están a beneficiar xa a 36 vilas da provincia para poder contratar a máis de 612 persoas.
Relacionadas:
-
Unha achega de 165.000 euros da Deputación permitirá ampliar o almacén municipal
Por Redacción |
-
Meaño, Meis e Sanxenxo reciben fondos do Plan Concellos para a contratación de persoal
Por Redacción |
-
Sanxenxo contratará un total de 43 persoas a través do Plan Concellos
Por Redacción |
-
O Concello de Poio ofertará este ano máis de 70 postos de traballo
Por Redacción |
-
Cuntis contratará dez personas para os servizos de lixo e incendios
Por Redacción |