117 novos aspirantes a mestres composteiros
A Deputación de Pontevedra recibiu 117 solicitudes para formar parte do proceso de selección da terceira convocatoria das bolsas para mestres composteiros baixo o amparo do Plan Revitaliza. A lista de admitidos provisionais publicarase este xoves.
Tras a revisión de calquera tipo de incidencia ou reclamación, a listaxe definitiva poderase consultar a finais deste mes de febreiro.
A primeira proba realizarase nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe entre finais de mes e o día 8 de marzo. Así mesmo, os aspirantes realizarán unha entrevista e asistirán a un curso de seis semanas de duración.
Con todo isto, espérase que os novos bolseiros formen parte do Plan Revitaliza o día 1 de xuño como data límite.
Estas bolsas ofrecen 1.400 euros ao mes, incluindo gastos para dietas e desprazamentos. O tempo de duración será prorrogable ata os dous anos.
Para a selección dos bolseiros crearáse unha comisión na que intervirán un xefe de servizo, un representante técnico superior e o secretario da Deputación.
Finalmente 25 bolsas de prácticas serán adxudicadas aos aspirantes.
O obxectivo deste plan provincial de compostaxe é cumprir cos obxectivos da UE de reutilización e reciclaxe.