Piden catro anos de prisión para un home que se liou a patadas nunha pelexa durante unha voda
Por Oskar Viéitez
Era unha tarde de verán, xuño do ano 2008. Segundo o relato dos feitos que fai a Fiscalía, o acusado, Teodomiro C.R., atopábase nun restaurante de Viladesuso (Oia) gozando do banquete dunha voda á que acudira como invitado, cando viu ao seu irmán que entablara unha pelexa con tres descoñecidos.
O tamén acusado José Manuel A.P. estaba agarrando a este home para evitar que se pelexase. Cando Teodomiro foi a por el, propinándolle unha serie de patadas, unha delas na boca, que lle arrincou dous dentes. Entón José Manuel agarroulle fortemente polo pescozo, caendo os dous ao chan.
Por estes feitos a Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou un xuízo para o vindeiro martes día 23.
O Ministerio Público pide catro anos de prisión para Teodomiro por un delito de lesións e dous meses de multa, con cota diaria de dez euros para José Manuel.
Segundo o fiscal Teodomiro debería indemnizar a José Manuel con 4.770 euros polos días de curación e 4.620 pola reposición das pezas dentais. E pola súa banda, a Fiscalía entende que José Manuel deberá indemnizar a Teodomiro con 240 euros.