Un accidente de tráfico na AP-9 baixo a ponte da Barca causa importantes retencións
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado este luns na autoestrada AP-9 á altura da ponte da Barca e que causou importantes retencións.
Segundo informou o 112, o sinistro produciuse sobre as dez da mañá ao chocar dous vehículos quedando un deles envorcado.
Foron mobilizados os Bombeiros de Pontevedra, aínda que non tiveron que intervir, e tamén acudiron efectivos da Garda Civil de Tráfico e de emerxencias sanitarias que trasladaron a unha persoa ferida nunha ambulancia asistencial ao Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Como consecuencia do accidente xeráronse grandes retencións no carril da autoestrada en dirección a Santiago.