O de Pontevedra será o primeiro campus de España que compostará todos os seus biorresiduos
Por Redacción
O campus de Pontevedra comeza a compostar todos os seus biorresiduos a partir desta semana. Será o primeiro campus de España que asume o tratamento de todos os seus residuos orgánicos asumindo a necesidade da reutilización, devolvendo ao ciclo vital este tipo de restos. A estimación é que trate arredor de 50 toneladas ao ano.
A finais do mes pasado comezaba a instalación dun segundo centro de compostaxe no campus xunto ao estacionamento da escola de Forestais (fronte ao campo de herba sintética da Xunqueira). Ademais da instalación da base do composteiro e do punto de auga, colocáronse seis módulos para o tratamento do compost.
Na actualidade o campus universitario dispón dun centro entre as escolas de Ciencias Sociais e de Forestais. Ten dez módulos e composta arredor de 200 comidas da cafetería de Ciencias Sociais e 80 comidas da Escola de Forestais.
Co paso dos meses e a retirada do compost, comprobouse que día a día o proceso dos orgánicos demostrou que teñen un tempo de tratamento menor do previsto, polo que se considerou que era preciso un novo centro de compostaxe. De aí, a instalación do novo para atender á escola de Forestais.
Polo tanto, o novo centro de compostaxe atenderá soamente a Forestais, e o primeiro só á Facultade de Ciencias Sociais.
Nos tres primeiros meses de funcionamento do composteiro do campus recolléronse cinco toneladas de biorresiduos. Segundo os técnicos, o compost xerado na Xunqueira é de moi boa calidade, carece de materiais pesados e ten un índice de nitróxeno biolóxico que ten chegado ao 7% (para facer compost de calidade agárdanse cifras do 2%).
A instalación do novo centro de compostaxe en Forestais é un compromiso do Concello de Pontevedra co campus universitario dada que a produción do composteiro actual ten un rendemento superior ao agardado.
Relacionadas:
-
San Brais e Eduardo Pondal estrean esta semana os composteiros comunitarios
Por Alejandro Espiño |
-
San Brais, primeiro barrio que implantará a compostaxe de forma integral
Por Alejandro Espiño |
-
O Mercantil súmase á compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
Un segundo composteiro no campus atenderá á Escola de Forestais
Por Redacción |
-
"Compostar é un chanzo máis do que xa facemos co cartón e o plástico"
Por Noticia patrocinada |
-
O campus bate récords de produción de compost en menos tempo e máis calidade
Por Oskar Viéitez |
-
Os técnicos acreditan que o compost producido no campus ten unha calidade "elevadísima"
Por Alejandro Espiño |