Os xornalistas de Pontevedra "castigan" co premio Limón a Carmela Silva
Por Redacción
Con motivo da festividade do seu patrón, San Francisco de Sales, os xornalistas e profesionais dos medios de comunicación e de gabinetes de prensa da cidade de Pontevedra celebraron a tradicional cea no Pazo da Cultura.
O encontro asistiron máis de noventa profesionais da comunicación que aproveitaron a cita para outorgar os premios Laranxa e Limón ás persoas ou entidades que máis axuden ou compliquen os labores xornalísticos en Pontevedra.
O premio Laranxa recoñece este ano á xornalista da Radio Galega, Susana Ares, pola gran profesionalidade e valía dunha boa compañeira e mellor persoa.
O Premio Limón levouno a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, debido aos seus interminables discursos nas súas comparecencias públicas.
A cea estivo organizada por Susana Ares e, por sorteo, serán os compañeiros de La Voz de Galicia os que a organicen o próximo ano.