Traballos técnicos obrigan a pechar ao público a biblioteca de Bueu
Por Redacción
Ata novo aviso a biblioteca municipal de Bueu estará pechada ao público. O Concello explica que o motivo son os traballos técnicos que permitirán a integración no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Con todo, de luns a venres, facilitarase o horario de 16.00 a 17.30 horas para o préstamo e devolución de libros.
Esta actuación permitirá a posta en marcha dun novo sistema integrado de xestión bibliotecaria, un software libre de código aberto, e un contorno único tanto para o persoal das bibliotecas como para a consulta dos catálogos das bibliotecas de Galicia por calquera usuario ou usuaria.
Así, as medidas concretas son a creación dun catálogo colectivo e dun carné único de lector válido para todas as bibliotecas públicas da rede.
Dende o Concello solicitan paciencia por parte dos usuarios e usuarias deste espazo e infórmase que para calquera consulta poden chamar ao teléfono da biblioteca (986323140).