Os escolares de San José aprenden da Policía Local
Por Redacción
Escolares do colexio de San José visitaban estes días as oficinas da Xefatura da Policía Local de Pontevedra, acompañados por tres profesores do centro, para coñecer por dentro como é o traballo que desenvolven os axentes no seu día a día.
Nas instalacións, un policía local atendeu todas as dúbidas dos pequenos e mostroulles as motos e os vehículos que empregan os axentes para levar a cabo o seu labor. Tamén viron como se presentan denuncias e a actividade que se afronta na Xefatura polos distintos integrantes. Os escolares quedaron encantados e con ganas de repetir esta visita en próximas ocasións.
Outros estudantes do centro, de quinto, sexto, cuarto e terceiro de primaria, tamén realizaron unha interesante visita ao Museo do Mar de Vigo para ver a Exposición Temporal do 'Pergamiño Vindel'.