O operador R solicita axudas para estender redes ultrarrápidas no núcleo de Cuntis
Por Oskar Viéitez
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) informou que o núcleo onde se sitúa o Concello de Cuntis disporá de redes ultrarrápidas en 2018, grazas ás convocatorias de axudas do postas en marcha polo Estado para o despregamento de redes ultrarrápidas en zonas brancas.
O operador R solicitou esas subvencións para dotar de conexión de alta velocidade a este núcleo e traballa coa previsión de completar os traballos este ano.
Dos restantes núcleos de poboación que integran o concello, o 96% teñen menos de 150 habitantes, polo que poderían beneficiarse das axudas a operadores que vén de convocar a Xunta o pasado 15 de xaneiro, no marco do seu Plan de Banda Larga 2020.
A convocatoria recolle un listado de máis de 26.000 núcleos de poboación nos que os operadores poden solicitar axudas para despregar redes ultrarrápidas.