Marín convoca á veciñanza para actualizar o rueiro no rural
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín vén de convocar catro encontros para recoller as aportacións dos veciños, para a recuperación dos nomes antigos dos camiños e das zonas do rural co obxectivo de actualizar o ruerio municipal.
A primeira reunión terá lugar o próximo martes 23 de xaneiro, na casa de cultura de Ardán (Carballido), onde a partir das 17 horas e ata as 20 horas, recollerase dita información correspondente as zonas de Casás, Teoira, Moledo e Loira (Ardán).
Oxoves 25, serán as zonas de Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igrexario e Picotes, o martes 30, serán as zonas de Vilaseca, Xuncal, Xermade e Malvido, o xa o 1 de febreiro será no local social de Pastoriza, de 17:30 horas a 19:30 horas e a zona da que recollerase información e de Pastoriza.
Dende o Concello convidan á veciñanza a colaborar neste proxecto, que pretende preservar a nosa memoria, tendo constancia escrita dos nomes orixinarios dos camiños e das zonas e entendendo que a mellor forma de facelo é contando coa aportación das persoas que viven nelas.