Marín rehabilitará os "cinceiros" do cemiterio de San Pedro
Por Redacción
Os "cinceiros" ou columbarios, o lugar no que se depositan as cinzas dos defuntos, do cemiterio municipal de San Pedro serán rehabilitados.
O goberno municipal de Marín anunciou este proxecto, asegurando que ten como obxectivo arranxar os cinceiros que están baleiros para poder sortealos segundo as solicitudes que se presenten.
O regulamento de cemiterios municipais contempla para a súa concesión, tras o pago da taxa correspondente, que se fagan por períodos de dez anos, renovables de dous en dous anos.
O prazo máximo é de 24 anos dende a data inicial da concesión.