Propoñen peonalizar a Ponte das Cabras na Xunqueira de Alba
Por Oskar Viéitez
A Xunqueira de Alba, unha área de esparcemento e recreo declarada como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), esta cortada polo medio por un vial de tráfico que a divide na súa integridade e que une a Gándara coa zona do Vao pola ponte Magueiro tamén chamada Ponte das Cabras.
Trátase dun vial sen beirarrúas que soporta ao longo do día centos de vehículos que utilizan a rúa do Cordón, a Gándara e a ponte Magueiro como variante de atallo desde Bautista Andrade ao Vao, para vehículos que van para a estrada de Vilagarcía e para Lérez.
No Concello de Pontevedra veñen de recibir a petición veciñal canalizada por Espazo Ecosocialista que para que se urbanice a rúa Cordon e que se peonalice e integre no espazo natural do vial que cruza pola ponte das Cabras para que ao ser desviado o tráfico pola estrada lateral dos almacéns da deputación moitos vehículos deixen de utilizar ese vial como atallo.
Ademais esta iniciativa advirte que a construción do novo polígono comercial do Vao incrementará o número de vehículos e agravará o problema "polo que se fai necesaria que dita intervención se faga canto antes, sen mais demora".