VIDEO.- O Ondas xa está nas mans de Xabier Fortes
Por Alejandro Espiño
Ata Sevilla -e non Barcelona como era habitual- desprazouse o xornalista pontevedrés Xabier Fortes para recibir o premio Ondas ao mellor presentador polo seu traballo en TVE. Acompañado da súa esposa, acudiu á gala que se celebrou no Palacio de Congresos e Exposicións da capital andaluza.
Durante o evento, que estivo presentado por Toni Garrido e Cristina Boscá, Fortes foi recoñecido polo seu entusiasmo ante o micrófono e a súa coraxe en defender a verdade na redacción de informativos de TVE en Galicia.
O xornalista, que comezou o seu discurso de agradecemento en galego, reivindicou a televisión pública porque "siempre es un buen momento" pero "aún más" nunha noite como a dos Ondas e "por los tiempos que corren" en RTVE.
Fortes lembrou que comezou a traballar na televisión pública española hai 28 anos "y nunca disfruté tanto el oficio como cuando me dieron la oportunidad de presentar La noche en 24 horas", o programa diario que dirixía na canle 24 horas de TVE.
"Periodismo es contar lo que pasa, pese a quién le pese", explicou o xornalista pontevedrés, algo que aprendeu da man dun equipo dirixido por Luís Fernández e Fran Llorente, entón presidente e director de informativos de RTVE respectivamente, e no que estaba xente como Ana Pastor, Pepa Bueno ou Lorenzo Milá.
Tras dar as grazas aos seus compañeiros do consello de informativos de RTVE que "pelean cada día una batalla complicada por la dignidad de la televisión pública", Xabier Fortes tamén tivo un recordo para os traballadores dos centros territoriais da cadea pública, para as peñas das que forma parte en Pontevedra, para a súa familia e, en especial, para os seus fillos e para a súa muller.
"Este Ondas es para ella. Hoy hace 30 años que empezamos a salir y eso es mucho aguantar", dixo Fortes antes de finalizar cun "Viva Pontevedra, con razón ou sen ela".
Relacionadas:
-
O pontevedrés Xabier Fortes será o encargado de dirixir 'Los desayunos de TVE'
Por Redacción |
-
TVE, suspenso en transparencia segundo un estudo universitario
Por Redacción |
-
Xabier Fortes, premio Ondas ao mellor presentador de televisión
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- A Playlist: Fai un Fortes de carallo!
Por Marisa Ciordia |