VÍDEO.- A Garda Civil atopa nunha nave de Meaño material roubado en vivendas das Rías Baixas
Por Redacción
A Garda Civil investiga un veciño de Meaño e outro de Mos, ambos acusados de delitos de receptación e encubrimento ao estar relacionados coas tres persoas que foran detidas semanas atrás na primeira fase da operación Catalpa como presuntos autores de ao redor de 30 roubos en vivendas do sur da provincia e norte de Portugal.
A partir daquelas investigacións realizadas sobre os obxectos que se recuperaron na primeira fase da operación, o equipo de axentes da Garda Civil chegou a identificar un veciño de Meaño como o principal receptador dos obxectos subtraídos.
O pasado 29 de novembro, a Garda Civil localizaba neste municipio unha importante cantidade de material e efectos como maquinaria, ferramentas e televisores, que se atopaban almacenados no interior dunha nave propiedade do veciño investigado. Este veciño atopábase vinculado co xefe do grupo, que residía en Portugal. Ao veciño de Meaño investígaselle como autor dun delito de receptación.
O 1 de decembro, os axentes tamén tomaron declaración en calidade de investigado a outro veciño, neste caso, residente en Mos como autor dun delito de encubrimento. Supostamente tamén está vinculado con outro dos integrantes do grupo e enténdese que tiña coñecemento das actividades ilícitas levadas a cabo pola banda criminal. Ademais, a Garda Civil vincúlao con actividades tendentes ao ocultamento dos efectos procedentes dos roubos.
Con esta segunda fase da operación, esclarecéronse 19 feitos delicitvos labores nesta ocasión en localidades como Mos, Tomiño, Salceda de Caselas, Tui e Redondela. Desta forma resolvéronse 40 roubos con forza en vivendas da provincia de Pontevedra e seis na localidade de Valença do Miño en Portugal.
Os tres integrantes da banda detidos na primeira fase ingresaron en prisión provisional como presuntos autores de roubos con forza no interior de vivendas habitadas. Nos rexistros nos seus domicilios de Mos e Valença do Miño recuperáronse numerosos obxectos vinculados a un total de 27 roubos noutras tantas vivendas do rural no sur da provincia.
Relacionadas:
-
A Garda Civil incauta en Vilaboa 350 prendas deportivas e 289 pares de zapatillas falsificadas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Desarticulan un grupo criminal que operaba no sur da provincia e seguen a investigar os roubos na comarca
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A investigación pola vaga de roubos no rural "en breve dará sus frutos"
Por Natalia Puga |
-
O rural de Pontevedra e comarca, pasto dos ladróns
Por Redacción |