Atropelan unha nai e a súa filla en Mourente
Por Redacción
Este venres rexistrábase un dobre atropelo no municipio de Pontevedra, segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do 112 Galicia. Unha muller e a súa filla, menor de idade, resultaba feridas de carácter leve tras ser arroiadas por un vehículo.
O accidente producíase na Nacional 541, ao seu paso polo Pazo, na parroquia de Mourente. Foi a nai da menor quen chamou, ás 15.45 horas, ao 112 Galicia para explicar o que sucedera.
Desde a central de emerxencias do 112 alertábase ao 061- Urxencias Sanitarias, aos efectivos de Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
As primeiras investigacións realizadas apuntan a que as dúas puideron irrumpir de forma antirreglamentaria na calzada e o vehículo golpeu á maior e atropelou a menor, segundo sinalaron fontes oficiais.