Cambio de luminarias en Pedre, Figueroa e Tomonde
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de executar un importante paquete de accións de aforro enerxético co cambio de luminarias en Pedre, Figueroa e Tomonde grazas aos fondos procedentes do Fondo de Compensación Ambiental 2017, que ascenden globalmente a 120.000 euros e que corresponden co denominado canon eólico pola existencia de parques de renovables no territorio.
A iniciativa enerxética levada a cabo nas últimas semanas pretende mellorar o funcionamento e a eficiencia do alumeado público en Figueroa, Pedre e Tomonde ao tempo que se reduce o consumo eléctrico municipal e a factura correspondente, dando así continuidade a un proxecto que pretende extenderse a todo o territorio.
O investimento permitirá minguar os preto de 21.000 kilovatios que consumen os 42 puntos de luz destes núcleos ata pouco menos de 8.000, o que suporá unha diminución de algo máis do 62% no consumo.
Para elo, substituíronse as lámpadas por luminarias LED, que acadan un grao de eficiencia superior ao 50%, e adaptáronse os niveis de iluminación axeitados atendendo ás horas de sol.
Relacionadas:
-
Cerdedo renovará o 70% da iluminación pública con sistemas eficientes antes de final de ano
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade aforra 25.000 euros no servizo informático e no alumeado municipal
Por Redacción |
-
A praza de Barcelos e a súa contorna pasan á iluminación LED
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade aforra 40.000 euros no servizo de mantemento do alumeado
Por Redacción |