Pequeno incendio nas Salinas
Por Redacción
Os servizos contraincendios tiveron que acudir na tarde deste xoves para extinguir un conato de incendio nunhas matogueiras na zona das Salinas, na parroquia de Noalla.
Desde o Concello de Sanxenxo apuntan á intencionalidade na orixe do lume ao tratarse da segunda vez que se queima en pouco tempo.
Acudiron ao lugar do suceso os efectivos de Emerxencias de Sanxenxo, un axente forestal, unha cuadrilla de extinción e a Garda Civil.
A rápida actuación evitou a propagación das lapas reducindo a superficie afectada.