A Brilat desprega os seus efectivos no campo de manobras de San Gregorio
Por Oskar Viéitez
Esta semana iniciaron o seu despregamento as unidades da Brigada "Galicia" VII no Centro de Adestramento de San Gregorio, en Zaragoza, para desenvolver o exercicio Linaje Agrupado 2017, o máis importante do seu calendario anual de preparación e dirixido á instrución e adestramento en conxunto das súas unidades. O regreso está previsto que finalice o 16 de novembro.
O persoal da brigada realiza o seu exercicio principal do ano coa participación de todas as súas Unidades.
Á parte das unidades da Brilat, tamén tomarán parte nestas manobras persoal do Rexemento de Enxeñeiros Nº 1 (Burgos), da Agrupación de Apoio Loxístico 61 (Valladolid) e das Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra, que se desprazaron desde as distintas bases de procedencia ata o campo de manobras en número aproximado de 2.200 militares e de 400 vehículos.
O obxectivo deste exercicio é adestrar aos participantes no plan e execución de accións ofensivas, defensivas e de estabilización encadradas nun escenario híbrido de alta intensidade e desenvolvido en condicións precarias de vida por tempo prolongado e lonxe das bases de orixe.
A colaboración de 2 helicópteros Tigre, 4 Chinook, e 4 Superpuma de FAMET permitirán a certificación dun Subgrupo Táctico Aeromovil configurado en base ao Batallón "Zamora" I/29 de Ponteveda. Colaboran tamén 2 avións C101 do Exército do Aire no exercicio de avaliación dun Grupo Táctico do Batallón "Toledo" II/3 de Asturias que este ano debe alcanzar o nivel de adestramento desexable.
En paralelo ao conxunto de actividades, unha unidade do Rexemento de Guerra Electrónica Nº 31 inxectará incidencias que afectarán as transmisións. Así mesmo aproveitarase este exercicio para a realización dun exercicio EIOFAS de instrución de observadores de lume aéreo.
Relacionadas:
-
A Brilat organiza unhas manobras internacionais para executar misións de combate en zonas de bosque
Por Oskar Viéitez |
-
123 civís xuran a bandeira española entre néboa e chuvia no acto da Inmaculada da Brilat
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Soldados da Brilat socorren á vítima dun accidente de tráfico en Zaragoza
Por Natalia Puga |
-
Aberto o prazo para que o persoal civil xure bandeira o día da Inmaculada
Por Redacción |
-
A base da Brilat en Pontevedra, mellor cuartel do ano para o Exército de Terra
Por Redacción |