Defensa inicia as obras para instalar o novo valo cinexético en Pedras Negras
Por Oskar Viéitez
A empresa CYS San Blas xa iniciou os traballos de roza e retirada do aramado militar actual en Pedras Negras e proximamente iniciará a construción dun novo valado cinexético. A finalización das obras está prevista para principios do mes de decembro.
Segundo informou o Ministerio de Defensa, o pasado 24 de outubro e unha vez finalizado o trámite administrativo correspondente, adxudicouse o expediente de contratación do proxecto de reparación do cercado perimetral no recinto militar de Porto Cuaces.
Todo iso supuxo a xestión do procedemento que derivou na desafectación e o deslinde de aproximadamente 11.200 metros cadrados do terreo necesario para a construción da pasarela.
A conclusión destes traballos permitirá a ampliación do paseo peonil de Pedras Negras en San Vicente do Grove e a conexión do mesmo cara á punta de Con Negro.