Os colexios de Pontevedra festexan o Samaín
Por Redacción
Unhas festas de auténtico medo celebraron este martes moitos colexios e escolas infantís de Pontevedra. Todos eles festexaron con numerosas actividades a xornada do Samaín.
Así, o CEIP de Ponte Sampaio acolleu un festival de música, contos e conxuros que puxo fin a dúas semanas de traballo escolar.
Entre outras actividades, os nenos fixeron pantasmas, bruxas ou morcegos artesanais, participaron en obradoiros para tallar cabazas, degustaron doces típicos ou aprenderon conxuros e leron contos típicos desta época.
Tamén na escola infantil da delegación territorial da Xunta celebraron o seu particular Samaín.
Os nenos e nenas desta escola infantil realizaron un concurso de cabazas, contacontos, un mural a oscuras con pintura fluorescente e un obradoiro de cociña terrorífica coas familias.
Ademais tamén puideron xogar a pintar a cara e este martes desenvolveron unha festa de disfraces relacionados co medo.
Deste xeito, os alumnos puideron coñecer de primeira man esta festa galega de orixe celta que supón un achegamento ao mundo dos defuntos a través da lenda que marca o remate real do verano e a chegada dos espíritos e do inverno.