Dous feridos nunha saída de vía no Grove
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas este domingo nun accidente de circulación que se produxo no lugar de Ardia, no Grove.
O suceso, segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia, produciuse pouco antes das 19:00 horas cando o vehículo no que viaxaban saíu da vía e chocou frontalmente contra un farol.
Foi un particular o que alertou do accidente, indicando o choque contra o farol e asegurando que os ocupantes do coche estaban feridos pero non atrapados.
Efectivos de Urxencias Médicas evacuaron aos dous feridos a un centro hospitalario, mentres que persoal de Protección Civil confirmou ao 112 a retirada do farol e a limpeza da vía.
ENVORCO SEN FERIDOS EN VILAGARCÍA
Non houbo que lamentar feridos por fortuna nun aparatoso accidente acontecido en Vilagarcía de Arousa sobre as 22:00 horas do domingo.
Concretamente o accidente tivo lugar á altura do quilómetro 236 da N-640, nunha rotonda, cando o condutor dun turismo perdeu o control e terminou dando varias voltas de campá.
Aínda que non houbo feridos, o coche levou por diante dúas sinais de tráfico, quedando unha delas baixo o vehículo e entorpecendo a circulación, polo que foi necesaria a presenza do persoal do servizo de mantemento de estradas.