Tres motoristas feridos en accidentes en Pontevedra e Caldas
Por Redacción
O Centro de Atención de Emerxencias (CAE) 112 Galicia informou este xoves 12 de outubro de dous accidentes de tráfico en Pontevedra e Caldas de Reis nos que resultaron feridos tres motoristas.
Dúas persoas resultaron feridas pola tarde en Pontevedra, tras caer da moto na que viaxaban. Ocorreu na rúa Doutor Loureiro Crespo.
O 112 Galicia tivo coñecemento da situación ás 18:40 horas, a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias.
O persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Pontevedra, de Protección Civil e da Policía Local.
FERIDO EN CALDAS
Xusto á mesma hora, outro motorista resultaba ferido ao sufrir unha caída, en Caldas de Reis. Máis en concreto, o accidente rexistrouse na N-550, na incorporación da circunvalación de Caldas.
Foi unha persoa particular a que deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 18:40 horas. Acto seguido, desde o CAE do 112 informouse ao 061, aos Bombeiros do Salnés, ao GES de Valga, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.