Vilaboa recibe fondos do Plan Concellos para adquirir un camión lixeiro e unha desbrozadora telescópica
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante unha resolución presidencial, unha nova achega de 35.123,93 euros destinada a Vilaboa a través da liña 1 do Plan Concellos 2017. A través deste novo investimento, Vilaboa poderá adquirir un camión lixeiro e unha rozadora telescópica para tractores.
Ademais desta última axuda, Vilaboa xa ten recibido ao longo deste ano a través do Plan Concellos outros 274.760,51 euros para realizar diferentes obras de acondicionamento no espazo natural protexido das Salinas de Ulló, para a pavimentación e asfaltado de varias pistas municipais, a adquisición de maquinaria para o mantemento de infraestruturas, viarios e xardíns, a pavimentación de pistas municipais, para a substitución da cuberta do lavadoiro da Bouza, para reparacións diversas en varios colexios público do municipio e tamén para realizar a instalación de calefacción na casa da cultura de Riomaior.
Ademais, outros 74.373,46 euros, en liña 2, foron para cubrir gasto corrente e outros 111.560,20 euros na liña 3 foron para a contratación de 10 persoas nos distintos servizos municipais da vila.
Con este novo investimento o goberno de Carmela Silva completa as achegas do Plan Concellos 2017 que lle corresponden a Vilaboa, é dicir, a vila xa recibiu un investimento total por parte da Deputación de Pontevedra de 495.823,09 euros.