Falta de limpeza no parque infantil de Acevedo en Ponte Sampaio
Por Redacción
Veciños de Acevedo denuncian que, desde hai unhas semanas, non se recolle o lixo que se amorea no parque infantil. Sinalan que a zona de xogos atópase ateigada de lixo, que desborda a papeleira e queda espallada polo chan que é utilizado polos menores.
Indican que esta situación afecta os nenos que utilizan o parque e, en xeral, aos veciños que pasan por esa zona. Reclaman a intervención do Concello para que leve a cabo a limpeza deste parque.
Ademais, os veciños piden maior atención ao rural para atender as necesidades das parroquias.