O parque infantil do Campo da Torre, en perfecto estado de revista
Por Redacción
Operarios municipais realizaron nos últimos días unha actuación para a posta a punto do parque infantil situado no Campo da Torre, no barrio da Moureira.
Arranxáronse os elementos de xogo e o mobiliario urbano de madeira e tamén se podaron as árbores e repuxéronse lastros soltos na fonte da praza.
Tamén se pintou o valado metálico que separa o parque da vía.
Esta intervención tivo un custo de 4.439 euros.
Ademais, tamén se fixeron novas achegas ao parque de Barcelos que, segundo o Concello, está en permanente mantemento.
Nesta ocasión foron dous novos bambáns inclusivos, que se veñen a sumar ao xogo inclusivo recentemente colocado no parque, que permite achegar a un rapaz en cadeira de rodas ata o interior do xogo.