Cuntis xa sabe o resultado do referendum
Por Oskar Viéitez
A consulta popular levada a cabo dende o Concello de Cuntis, a través da Concellería de Cultura, para elixir os festivos locais do ano 2018 xa ten resultado.
Os veciños de Cuntis que dende o pasado 11 de setembro puideron votar tanto telemáticamente como presencialmente escolleron o 11 de xullo e o 17 de agosto como as súas propostas de festivos para o ano 2018.
A participación foi maior na consulta telemática onde se emitiron o 75% dos votos; fronte á consulta en urna onde foron emitidos un 25% dos votos. Na súa totalidade, foron case 400 votos emitidos nos que a cidadanía elixiu por ampla maioría o 11 de xullo e o 17 de agosto.
Ademais das propostas xa incluídas na consulta, existiron outras saídas dos veciños coma o día de San Xoán ou o 19 de marzo, así coma o luns seguinte á Festa do Lacón; opcións que serán tidas en conta para consultas futuras.