Últimos días para inscribirse nos tres cursos para desempregados da Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra ofrece tres cursos dirixidos a completar a formación básica para a obtención das competencias crave en comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelá e matemáticas.
A iniciativa diríxese a persoas da provincia, desempregadas e capacitadas para traballar que desexen adquirir os coñecementos básicos para poder acceder aos certificados de profesionalidade de nive 2. As clases comezarán o luns 18 de setembro.
A formación é gratuíta con 120 horas de carga lectiva para as clases de lingua castelá e para matemáticas. O curso de lingua galega impartirase ao longo de 25 horas. Todos se desenvolverán no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra en horario de 09.00 a 14.00 horas.
O prazo de inscrición finaliza o mércores 13 de setembro ás 14.30 horas e para obter máis información é necesario chamar ao teléfono da Deputación: 986 804 100, extensión 40712.