Marín goza estes días de andainas, mercados e visitas culturais
Por Oskar Viéitez
Os marineneses poderán disfrutar destes días de varias actividades de ocio e tempo libre.
ANDAINA MONTE PENIZAS
Despois do parón polos meses de verán, o programa de andainas "Marín en ruta" volve coa ruta do Monte Penizas para o proximo 17 de setembro.
Ten unha lonxitude de 6.5 quilómetros. É unha iniciativa da área de Turismo para dar a coñecer o patrimonio da zona e facer fincapé en actuacións saudables que teñen moito éxito entre os que se apuntan e asisten.
Partindo do lavadoiro do río Lameira, pasará preto do poboado castrexo de Subidá ata o cumio do monte e rematará na igrexa de Santo Tomé de Piñeiro. É unha ruta cun interese cultural, etnográfico, arqueolóxico e relixioso que alterna tramos de estrada con camiños naturais. A dificultade é media-baixa, o punto de partida é a praza de España e a hora de saída son as 10 da mañá.
ASOCIACIÓN DE MULLERES O ABEIRO
A Asociación de Mulleres Abeiro, coa colaboración do Concello de Marín, volta organizar o mercadiño Marín 3R, que como en edicións anteriores contará con postos, actividades de ocio e actuacións. Neste mercado pódese intercambiar e mercar productos de segunda man e tamén donar todas aquelas cousas que xa non se usen e que outras persoas poidan utilizar. Terá lugar o domingo día 10 na Alameda Rosalía de Castro de Marín.
CENTRO INTERPRETACION PETRÓGLIFOS
Este venres día 8 terá lugar a penúltima visita nocturna guiada aos petróglifos de Mogor ás 22:00. A actividade é gratuíta para todos os públicos, non é necesaria inscrición previa. O punto de encontro é como sempre diante dá entrada do Centro de Interpretación.
En canto á actividade do propio centro de interpretación durante o pasado mes, o total de visitantes foron 918 (case un 20% máis que agosto 2016), sendo a procedencia maioritaria de Madrid con 212.
O total do verán é de 1.741 visitantes e supera nun 12% superior ao mesmo período en 2016. Estes datos limítanse aos visitantes que entran no centro, non puidendo calcular os que ven os petróglifos e non entran, estimados nun 30% máis de visitantes.