Renovación total do parque de xogos en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
A área de xogos de Cerdedo xa loce a súa nova imaxe, despois de que se acometeron as obras de renovación deste parque infantil dentro do marco do plan de creación e mellora de parques infantís no municipio de Cerdedo-Cotobade.
O presidente do Concello, Jorge Cubela, visitou as obras nas últimas horas e mantiña un encontro cos técnicos, que lle explicaron que se eliminaron todos os elementos de xogo anteriores e instaláronse materiais de última xeración para este espazo.
Cubela anunciou que o goberno local seguirá traballando na construción e mellora de máis parques infantís nas 21 parroquias ao longo dos próximos 20 meses.
Neste sentido, apuntou que estas obras son fundamentais para garantir o futuro do municipio e favorecer o asentamento da poboación, ofrecendo zonas de lecer para os máis pequenos.