Unha avaría deixa sen luz a preto de 7.000 fogares de Poio
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha avaría cuxos detalles aínda non se concretaron provocou na noite deste mércores un apagamento xeneralizado no Concello de Poio, con miles de persoas afectadas sen subministración eléctrica.
Unión Fenosa Distribución recoñece unha alteración do servizo detectada ás 21.56 horas con 6.870 clientes afectados. Circunscribe a incidencia ao Concello de Poio, aínda que fontes veciñais indicaron que tamén estiveron afectadas algunhas vivendas das zonas de Sanxenxo limítrofes con Poio.
Os técnicos de Unión Fenosa Distribución traballaron desde as 22.00 horas na resolución da incidencia, que quedou resolta ao longo da madrugada.