Vaipolorío invita a participar na retirada de árbores derrubadas no río Tomeza
Por Redacción
O domingo 20 ás 10.00 horas, os integrantes da asociación Vaipolorío reuniranse diante da estación de autobuses de Pontevedra para desprazarse ata o río Tomeza, que forma parte do Gafos, coa intención de retirar as árbores que caeron durante os últimos meses sobre a canle.
Con esta acción, o colectivo quere minimizar os efectos que se rexistran durante a época de choivas no outono e no inverno con inundacións debido á crecida do río.
Desde a asociación faise un chamamento á cidadanía para que participe neste traballo de limpeza durante a mañá do domingo 20.