A corporación de Bueu recibe aos nenos saharauis do programa "Vacacións en paz"
Por Redacción
O Concello de Bueu recibiu este xoves aos catro nenos saharauis que pasan actualmente as vacacións de verán no municipio. Lasham, Mohammed, Salamu e Karima foron agasallados cuns xogos educativos e unha bolsa escolar.
Así mesmo, durante o acto, que tivo lugar no salón de plenos, o alcalde da vila, Félix Juncal, conversou coa rapazada e anuncioulles que, antes de que se vaian, "o Concello vaivos entregar unha especie de carnés de cidadáns de Bueu", facendo unha alusión aos anos pasados na vila morracense, da que o máis probable é que se despidan esta tempada.
No acto estiveron ademais presentes os concelleiros do goberno María José Pérez, Inmaculada Rodríguez, Manolo Otero, Martín Villanueva, Teresa López, e o edil de ACB-SON, Julio Villanueva.